Na profundidade do bosque
Non hai sombra que me protexa
Dos perigosos encantos
Da túa branca beleza
Raiña da escuridade
Tortúrasme coa túa presenza
Mentres no meu interior
Transmútase a miña esenza
Oh lúa, paradoxa inmortal!
A túa luz brila nos meus ollos
Pero o teu feitizo corre polo meu sangue e os designios das estrelas guíanme...
Non! a súa voz confúndeme...
Esperto,
A Néboa cúbreme nun leito de musgo
Mentres o recordo dun sono
Golpea a miña conciencia
A loucura abrázame coa súa sonrisa
Cando un reflexo de prata rasga
O meu peito e observo ó meu lado o corpo tendido e o orballo cubre o meu rostro inerte...

Composição: